sábado, 31 de marzo de 2018

Infantil "Quero ser maior!" - Cartaz e fotos da estrea.


Saúde e Teatro para todoas!!!
Aquí vos deixamos o cartaz e fotos da estrea da obra no auditorio de Mera en Oleiros.
Fantástica acollida de público e crítica.
En breve, estaremos en Cedeira... o 6 de maio!!!









martes, 26 de septiembre de 2017

Quero ser maior! Comedia para toda a familia (a partires de 6 anos)





A nosa nova obra estrearase moi pronto, o día 8 de outubro, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Oleiros; ás 18 hrs. Entrada de balde previa recollida de invitacións na taquilla do teatro desde unha hora antes.

A nosa primeira obra infantil, para toda a familia, é unha reflexión sobre a pérdida de valores ao longo do crecemento e maduración. De cómo non debemos esquecer aoa nenoa que fomos e que debemos seguir levando dentro aínda que medremos. Tocamos temas como o acoso e o abuso, o perigo das novas tecnoloxías mal usadas e a intolerancia das normas sen reflexión e sentido común. Todo, por suposto, aderezado có amor. O amor da amizade limpa e sincera entre dos seres sinxelos e puros: Hédor e Gaia.

Con moito humor, guiños aos pais e nais e cancións en directo, estamos seguroas de que gustará. Animádevos!

Bicos e apertas. Saúde e Teatro!

Elenco: Nanda Tasende. Kike Vales. Sara Pascale. Lucía Veiga. O'Ale.
Cancións orixinais de Kike Vales.
Escenografía: Ubuntu Refugallos. (Luiggi e Iria)
Vestiario: Auri Vez.
Son e arranxos musicais: Iago Blanco e Miguel Thomas.
Estudio de son: Drum&Roll Studio.
Vídeo e fotografías (pendente): Lara Capeáns.
Técnico de son e luces: Luis Vivanco.
Produción e distribución: Paula Suárez.
Escrita e dirección: Alejandro Albaiceta.


lunes, 7 de marzo de 2016

Nova etapa das "Rueiras"

Abríuse unha nova etapa para as chicas de "A rúa do inferno". Tras catro anos, seguimos na rúa, renovadas e remozadas con novos traxes de faralaes traídos da capital, dos madriles, pola nosa nova "Juani", Sara Pascale. Nesta nova andadura, xa estivemos por Brión, Outes e O'Sindo (Ferrol) e agárdanos o Ágora de A Coruña o vindeiro 28 de maio. A actuación será en apoio da asociación Asperga para o soporte de chicos e chicas con síndrome de ásperger. 







miércoles, 4 de noviembre de 2015

ESTREA en RIANXO...!!!

Satisfeito e ilusionado.
Así é como me sinto despois da "estrea mundial" do espectáculo "Chou mas gou on!", onte día 31 de outubro, en Rianxo. (Case dous anos despois da última actuación de "O Parque" o 30 de novembro de 2013).
O espazo é magnífico, ao igual que o trato por parte de Xavi, o técnico, e dos responsabeis do concello, Fernando, Pipo e maila mesma concelleira que nos viu ver e felicitar. Camerinos con pranchas, baños totalmente equipados... da gusto ir actuar alí. E o espazo escénico mais o patio de butacas forman un todo moi cálido e cercano. A acústica é boa e os medios técnicos: focos, mesa de luces e reprodutores de son, estupendos.
115 persoas compuxeron o Respectable Público. Só 10, eran familiares e amigos.
Riron, aplaudiron no medio da obra ao remate dos números musicais e os intérpretes tiveron que saír dúas veces máis para recibir os aplausos que non cesaban. Fernando, díxonos que adoita ser un público "duro" e que máis de cen persoas é unha boa entrada para eses lares. Seguramente, o marabilloso cartaz de Quique Vázquez, con foto de Lara Capeáns, axudou moito á chamada. Sinceramente creo que se ves o cartaz, pensas que a obra pode pagar a pena.
Tamén supoñía a estrea de Sara Pascale coma técnico, neste caso de son. Fíxoo moi ben. Minuciosa, traballadora, xenerosa e entregada. Sempre disposta a botar unha man no que sexa. Parte de que teñamos a escenografía que temos, é pola a súa axuda e aportación no ensaio xeral. Graciñas, Sara. Esperamos poder ver, tamén pronto, a túa estrea coma actriz, interpretando a "Juani" na obra "A rúa do inferno".
Non quero mencionar a ninguén en concreto do elenco, por non facer distincións inxustas. É un magnífico grupo con 5 mulleres e 2 homes de moito carácter e talento. Todas/os aportan algo específico e relevante á compañía. O ambiente é inmellorable e a súa entrega ao proxecto, a súa confianza en min coma director e o seu apoio, fanme sentir en débeda e na obriga de non fallarlles e, sobre todo, non deixalos vendidos no escenario. E por enriba... resulta que todas/os cantan ben... Emoticono wink
É unha honra e un orgullo poñer o meu nome na sinatura de este proxecto cultural, artístico e vital que é Axóuxere Teatro, de Oleiros.
Saúde e Teatro!
Alejandro Albaiceta

O maletín de Vivi...

viernes, 23 de octubre de 2015


Xa está aquí...
Xa chegou...
Despois dun tempo de reflexión e crise...
Nada pode evitar que...










martes, 1 de septiembre de 2015

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O'Parque en Cedeira

A estrea da nova versión do musical "O'Parque" tivo lugar no auditorio de Cedeira o pasado 30 de novembro.
De novo contamos coa axuda e a amabilidade de Quique Vázquez.